Rapaces, xa acabou o curso 2010 2011, disfrutade moito do verán e....Vémonos á volta!
Ola a todos de novo:
Que ledicia ver o ben que o pasástedes no Magosto e o Samaín, puxen un montón de fotos!! en "Recordos do curso". E tamén en "Retales" subín unhas fotiños do outono na nosa Fraga!! Algúns nenos sacáronas cunha profe... (collinlle prestada a cámara, espero que non lle importe). E víchedes cantos, refráns e debuxos teño xa???? Unha aperta!!! Ola rapaces e rapazas da Fraga!:
Sabedes que estiven a facer este verán?. Aprender informática!!! Como me quedei soiño na Fraga porque non estabades, pois...Algo tiña que facer!! Así que este ano decidín ter un blogue. Gústavos?? Como son un esquío moi observador e sempre estou atento ao que pasa na escola...irei deixando cousiñas por aquí: fotos do que fixéchedes, os refráns e ditos que me mandades, algún que outro xogo... Xa me diredes que vos parece. | Paragraph. Haz clic aquĆ para modificar.
Quen son
Son Roel, un esquío que vive na Fraga que está preto da escola que leva o mesmo nome. Encántanme os nenos e as nenas, así que fíxenme amigo de todos os que hai na escola. Tamén gústame moito ler, por iso paso moito tempo na biblioteca do cole. ArquivosJune 2011 Categorías |